Beariz

O Grupo Provincial Socialista reclama na Deputación de Ourense a disolución do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) a que “a Corporación Provincial asuma as misións e proxectos que supostamente (este) desenvolve”.

Saúde, sustentabilidade e coñecemento son os piares da estratexia de alimentación consciente desenvolvida por Cruz Vermella Española e na que se basea ‘Creamos Saúde Tour’, un proxecto de Cruz Vermella en Galicia en colaboración coa compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski.

Partido para enmarcar, para gardar na memoria dos bos afeccionados do Arenteiro e para a historia de Espiñedo, o visto neste domingo 13 de outubro, unha sinfonía futbolística dos verdes ante o Nástic de Tarragona, un dos equipos máis potentes desta Primeira Federación.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, supervisou as obras para a creación da ruta Serra Martiñá, nas que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu preto de 25.000 euros.

A travesía urbana da N-541 continúa acumulando accidentes de tráfico con persoas feridas, o útimo deste suma e segue rexistrábase nesta mañá de sábado na Avenida 25 de Xullo, esta vez en forma de atropelo a altura do paso de peóns do restaurante Fuchela.

A Deputación de Ourense colaborará cos empresarios da área industrial da Uceira, no Carballiño, para potenciar o asociacionismo e facilitar a prestación de servizos ás firmas instaladas no parque empresarial.

Na Tertulia deste venres 11 de outubro contamos coa participación nos estudios de COPE O Carballiño de José Antono Barge, Manuel Noguiera, Fátima Gómez e Sebas Lamazares, moderados por Xan Pinal.

O concello de San Cristovo de Cea presentará unha demanda contra Naturgy-Unión Fenosa Distribución por ter a Cea 27 horas sen subministro eléctrico, tras unha incidencia desde as 10 horas deste pasado mércores dia 9 que non se resolveu ata primeira hora da tarde de hoxe xoves.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou aos participantes do programa Reencontros con Galicia na residencia de tempo libre do Carballiño.

O Carballiño estivo presente na edición 2024 deste prestixioso foro gastrómico de nivel mundial, que se ven celebrando esta semana e que acolleu este pasado martes dia 8 a presenza do pulpeiro Cësar Álvarez, de restaurante Fuchela.

Son numerosas as incidencias que nas útlimas horase están rexistrandose no suministro eléctrico nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

O alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, e actúal presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño aproveitou hoxe a súa intervención en COPE O Carballiño para lanzar unha chamada de socorro aos alcaldes da comarca para salvar a entidade comarcal.